A pausa : Diario do confinamento / Ana Moreiras
por Moreiras, Ana (1976-) [autor/a]
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Virxe do Mar Sala préstamo | 82-C MOR pau | Dispoñible | CED067000018150 |
|
Neste libro recóllense as entradas do Diario do confinamento que Ana Moreiras foi compoñendo en tempo real e que agora se converte nun testemuño excepcional dese tempo que, malia a súa proximidade, se nos aparece en moitas ocasións como remoto.
O 14 de marzo do 2020 o goberno español decretou o estado de alarma sanitaria e impuxo un confinamento xeral que impedise a expansión da pandemia de covid-19 que todo o mundo estaba sufrindo desde poucas semanas antes. Nese tempo todos e todas vivimos nunha especie de limbo existencial onde convivimos co medo e a esperanza, onde experimentamos soidade e tenrura, onde puxemos en pausa as angueiras cotiás para observarnos e observar o noso mundo doutro xeito. Aínda que aparentemente o confinamento e a pandemia pasaron, as súas secuelas quedaron en nós, incluso en niveis tan profundos que custa desentrañalos.