Moreiras, Ana (1976-)

A pausa : Diario do confinamento / Ana Moreiras - 1ª ed., 1ª impr. - Ourense : Aira , 2025 - 99 p. : il., cor ; 24 cm

Neste libro recóllense as entradas do Diario do confinamento que Ana Moreiras foi compoñendo en tempo real e que agora se converte nun testemuño excepcional dese tempo que, malia a súa proximidade, se nos aparece en moitas ocasións como remoto.

O 14 de marzo do 2020 o goberno español decretou o estado de alarma sanitaria e impuxo un confinamento xeral que impedise a expansión da pandemia de covid-19 que todo o mundo estaba sufrindo desde poucas semanas antes. Nese tempo todos e todas vivimos nunha especie de limbo existencial onde convivimos co medo e a esperanza, onde experimentamos soidade e tenrura, onde puxemos en pausa as angueiras cotiás para observarnos e observar o noso mundo doutro xeito. Aínda que aparentemente o confinamento e a pandemia pasaron, as súas secuelas quedaron en nós, incluso en niveis tan profundos que custa desentrañalos.

9788412987928


Banda deseñada--Cómic galego
Vida cotiá--Pandemia da COVID-19
Psicoloxía social--Sentimento de soidade, aillamento

741.52(460.11) 616.98:316.6

Coa tecnoloxía Koha