O Profe e os axentes da historieta atrévense agora a relacionarse con xenios da pintura como Velázquez, Rubens, Rembrandt, a inxustamente esquecida Artemisia Gentileschi ou o perigoso Caravaggio -take a walk on the wild side!, pero tamén con titáns da escultura como Bernini ou o xenial arquitecto Borromini. Paseemos por San Pedro do Vaticano, polas canellas do Madrid dos Austrias, polo palacio de Versalles ou pola Venecia de Canaletto, e mesmo por Manila ou o Taj Mahal, acompañados pola moza da perla ou a infanta Margarita de Austria.