Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.
Mediante un relato cru, agresivo e convulso –feito polo propio Aleksy por recomendación do seu psiquiatra– descubrimos a historia dunha reconciliación imposíbel.
1º-2º BAC