Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Virxe do Mar
Sala préstamo
821.134.4 CAA mor 1 Dispoñible LITERATURA GALEGA CED067000003230
Prestable IES Virxe do Mar
Sala préstamo
821.134.4 CAA mor 1 Dispoñible LITERATURA GALEGA CED067000003212
Prestable IES Virxe do Mar
Sala préstamo
821.134.4 CAA mor 1 Dispoñible LITERATURA GALEGA CED067000002593

Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.

Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.

Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?

Obra que reescribe o mito cunha nova ollada. Morgana en Esmelle

Coa tecnoloxía Koha