O sentido do abraio : A celebración da natureza para persoas de todas as idades Rachel Carson
by
Carson, Rachel [Author]
; Buxán Outeiro, Patricia [Photographer]
; Buxán Outeiro, Patricia [Author of introduction]
; Buxán Outeiro, Patricia [Translator]
.
Type: 


Tít. orixinal: The Sense of Wonder. A Celebration of Nature for Parents and Children
A celebración da natureza para persoas de todas as idades.
Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).
Na publicación orixinal na revista Women’s Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia.
Libro de de encadernación coidada con textos, fotos en branco e negro e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.