Cabana, Darío Xohán
Xosé María Alvarez Blázquez : vida e obra / Darío Xohán Cabana - 1ª - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2008 - 215 p. : il., fot. ; 24cm. - Letras Galegas .
Este libro é un retrato global de Xosé María Álvarez Blázquez, un dos membros máis destacados da dinastía dos Álvarez, e da súa inmensa obra cultural. Poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, filólogo, folclorista, bibliófilo, filatélico, conferenciante, historiador, arqueólogo, creador dun museo, xornalista radiofónico, profesor, cronista oficial da cidade de Vigo e editor xenial, Xosé María Álvarez Blázquez foi talvez o intelectual galego máis completo e poliédrico do seu tempo. Dende o coñecemento erudito e a profunda admiración e o amor á figura do polígrafo humanista, de quen foi colaborador durante catro anos en edicións Castrelos, Darío Xohán Cabana realiza un completísimo pecorrido biográfico, ao tempo que un estudo profundo da súa obra literaria galega, das súas grandes escolmas e estudos literarios e do seu labor como editor e primeiro responsable de Edicións Monterrey e Edicións Castrelos. Este é un volume imprescindible para o coñecemento da figura total e do traballo hercúleo de quen a sociedade galega homenaxea no Día das Letras Galegas 2008.
9788497827157
Álvarez Blázquez, Xosé María
poesía
literatura
Galicia
92